Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

Josiño Araújo Pérez

Josiño Araújo Pérez (Vigo, 1986) estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona, e Produción Audiovisual no I.E.S. Audiovisual de Vigo.

Foi colaborador en distintos medios dixitais e analóxicos (A Nova Peneira, Atlántico Diario, Europa FM) e actualmente escribe no xornal dixital La Marea baixo pseudónimo.

Dirixiu varias curtametraxes, como Carapuchiña e o pobo feroz e Todo por Galactus, seleccionadas e premiadas en diferentes festivais, e varios videoclips de grupos, como Cró! ou Trilitrate.

Tamén foi premiado por algún dos seus relatos, en concursos como o Certamen Literario de Narrativa Corta Musical, organizado por Science of Noise.

Na actualidade exerce en Vigo a súa profesión de avogado, intercalándoa coa súa actividade literaria, como articulista en diferentes plataformas e como creativo nas redes socias. Memorias dun exgalego é a súa primeira novela.

Información relacionada

A TIMIDEZ DAS COPAS
MEMORIAS DUN EXGALEGO
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME 1: MICROECONOMÍA
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda