Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

O FULGOR E AS TEBRAS

As autoridades republicanas do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes entenderon ben cedo que só a socialización da lectura –até entón inexistente– permitiría asentar no Estado español un réxime democrático e de liberdades. E, en consecuencia, dedicaron inxentes esforzos á creación de bibliotecas que, por un lado, acabasen co secular desequilibrio entre campo e cidade, e por outro, posibilitasen a igualdade de oportunidades no acceso á lectura.

E, xustamente, de bibliotecas trata este libro. De como se crearon e de como se destruíron, tomando como referencia o sucedido en Galiza. Unha cuestión que na nosa historiografía recente presenta un baleiro difícil de entender. Se exceptuamos escasos estudos sobre algunhas bibliotecas concretas e a súa evolución até 1936, moi pouco sabemos.

Este trahallo tenta percorrer o labor fecundo que as autoridades republicanas realizaron no terreo bibliotecario, pero non só elas senón que dende comezos do século XX unha morea de agrupacións políticas, sindicais, ateneos e casinos recreativos instalaron nos seus locais bibliotecas abertas á poboación. E outro tanto fixeron as sociedades de instrución de alenmar coas súas escolas de emigrantes.

O golpe de Estado de xullo de 1936 contra a legalidade republicana conseguiu rachar con todo isto: bibliotecas enteiras queimadas, roubadas, espoliadas, incautadas... perdidas para sempre en nome dunha Patria e dunha Relixión que entendían os libros como "material perigoso". As TEBRAS instaláronse nunha Galiza que comprobou como alí onde queiman libros, rematan queimando homes.

Título: O FULGOR E AS TEBRAS
As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil

Autor: Francisco Xavier Redondo Abal

Catálogo Xeral, 241

Santiago, 2009

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

158 páxinas

ISBN: 978-84-8487-153-3

prezo 14,00 €

MERCAR
O ESCÁNDALO DO LÉXICO GALEGO
CABANILLAS / OTERO PEDRAYO
ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINO
A TIMIDEZ DAS COPAS
MEMORIAS DUN EXGALEGO
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME 1: MICROECONOMÍA
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda