Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

TRES VERSIÓNS

TRES VERSIÓNS é o título máis neutro e realista que se podía escoller para un tomo que xunta unha traxedia grega, As troianas e dúas dramatizacións de obras narrativas: O salto do puma, sobre A illa do doutor Moreau, de H. G. Wells, e Transilvania, baseada no Drácula de Bram Stoker.

Como desculpa, valla o feito de as tres “reconstrucións” ter sido, en diferentes momentos, reclamadas para o palco. Así, a traxedia de Eurípides fora unha encomenda de Arturo López para a compañía Espello Cóncavo, que a estreara en 1997, cun texto moi semellante ao que logo usaría, en 2010, a Escola Municipal de Culleredo; canto a O salto do puma, escrita para Casahamlet, vira adiada a súa posta en escena, e Transilvania, estreada en 2007 pola E. M. T. de Culleredo, fora, na temporada seguinte, transferida a Teatro Carfax, que a mantén no seu programa de actuacións.

Título: TRES VERSIÓNS

Autor: Manuel Lourenzo

Catálogo Xeral, 271

Santiago, 2010

Teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

110 páxinas

ISBN: 978-84-8487-197-2

prezo 12,00 €

MERCAR
O ESCÁNDALO DO LÉXICO GALEGO
CABANILLAS / OTERO PEDRAYO
ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINO
A TIMIDEZ DAS COPAS
MEMORIAS DUN EXGALEGO
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME 1: MICROECONOMÍA
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda