Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

Raúl Dans

Raúl Dans (A Coruña, 1964). Autor teatral, guionista e actor de dobraxe. Coa súa primeira obra, Matalobos, logra o Premio Rafael Dieste de Teatro en 1993. En 1994 gana con Lugar –estreada en 1999 polo Centro Dramático Galego- o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais.

Outras obras do autor son: Derrota (XXII Premi Born de Teatre 1997), Estrema (1998), A chamada (2001), Nachtmahr (2008), Chegamos despois a una terra gris (Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2010 e Premio AELG de Teatro 2011), As cancións que lles cantaban aos cativos (Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela 2015) e o ensaio Confesións dun practicante. As aventuras dun dramaturgo en Galicia (2004).

Creador, argumentista e dialoguista de series de ficción para a Televisión de Galicia (A miña sogra e mais eu, Pratos combinados, A vida por diante…), Dans obtivo o Premio Mestre Mateo de Guión con Terra de Miranda (2003) e As leis de Celavella (2005).

Información relacionada

PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
OS SANTOS DAS NACIÓNS
UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda