Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

AS PALABRAS

“Comecei a miña vida sen dúbida como a rematarei: no medio dos libros”.

O autor fala da súa infancia contando como descubriu a existencia mediante as palabras. Un ensaio autobiográfico no cal a amizade dos libros se mestura coa autoburla dun enfant terrible. Unha reflexión sobre a ensoñación [¿maxia?] das lecturas, a aprendizaxe turbulenta dun ser humano, os xogos dun cativo no medio das convulsións dun século que nace. Un neno e a súa aventura anecdótica e psicolóxica da paixón polas historias que aínda non se chaman Literatura, que logo se converte nunha aventura vital e definitiva, a dos compromisos coa vida, cos humanos, cos libros.

Un libro de xogos e retranca, un libro para aprender a ler, un libro para aprender a vivir as contradiccións entre a escritura obrigada e a vida necesaria.

Tradución do francés de Dulce Mª Fernández Graña e François Davó.

Ilustración da capa: Ánxel Huete.

Título: AS PALABRAS

Autor: Jean Paul Sartre

Catálogo Xeral, 119

Santiago, 1999

Narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

156 páxinas

ISBN: 978-84-89896-46-1

prezo 10,60 €

MERCAR
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME 1: MICROECONOMÍA
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda