Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

Á ESPERA DE GODOT

Escrita en 1948 e representada en 1953, Á espera de Godot, figura como un dos textos máis representativos –e representados– do chamado Teatro do Absurdo, termo xenérico utilizado por Martin Esslin para clasificar a obra de determinados dramaturgos, fundamentalmente franceses (Ionesco e Beckett, malia non ter nacido en Franza escriben o seu teatro na lingua deste país) que se dan a coñecer na década de 1950.

O argumento da obra é moi simple. Nun lugar afastado, dous vagabundos, Estragon e Vladimir, dialogan –é dicir, intercambian monólogos– mentres esperan inutilmente a un tal Godot, a quen nunca viron, do que nada saben, pero de quen depende, ao parecer, o seu futuro inmediato... Mais Godot non chega, nin chegará nunca, e a espera resultará inútil, estéril, absurda...

Martin Esslin conta como no ano 1957 “un grupo de actores se preparaban para saír a escena. Eran os membros da Academia de Actores de San Francisco. O público diante do que ían actuar estaba formado por 1400 reclusos da penitenciaría de San Quintín. (...) A obra escollida, principalmente por non figurar mulleres no reparto era Á espera de Gogot, de Samuel Beckett. (...) Subiu o pano e comezou a función. E aquelo que tanto desconcertara os sofisticados auditorios de París, London ou New York, foi asimilado axiña polos reclusos. (...)

Un dos mestres da prisión comentou: “eles saben o que significa esperar... sabían que se ao final aparecese Godot, sería un engano”. (...).”

Sen necesidade de apelar a grandes discursos teóricos ou filosóficos, Samuel Beckett soubo retratar maxistralmente a esencia da condición humana: esperar inutilmente, intercambiando absurdos monólogos egocéntricos ata ese día en que se extingue a luz e cae o pano de xeito definitivo.

Traducción do francés: Francisco Pillado Mayor.

Título: Á ESPERA DE GODOT

Autor: Samuel Beckett

Catálogo Xeral, 166

Santiago, 2003

Teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

137 páxinas

ISBN: 978-84-8487-020-0

prezo 11,00 €

MERCAR
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
OS SANTOS DAS NACIÓNS
UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda