Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

Edicións Laiovento naceu como empresa editorial o 19 de decembro de 1990. Os seus fundadores foron Xosé Manuel Beiras, Manuel González Millares, Xesús Couceiro, Afonso Ribas Fraga, Pepe Carreiro e Francisco Pillado. A este último débese o nome da editora, que procede da peza teatral de Ramón Otero Pedrayo "Vento nocturno", onde un vello fidalgo poeta vive no «Pazo de Laiovento».

Entre os obxectivos fundacionais ˗que seguen sendo hoxe os seus principais guieiros˗ estivo o de ser un espazo de liberdade no sector editorial galego, especialmente no que toca á cuestión normativa do galego. Un segundo obxectivo foi a atención preferente a publicacións de tipo teórico, a dedicación ao ensaio de calidade. Desde o seu nacemento Laiovento prestou tamén unha especial atención á tradución, procurando verter ao galego as obras fundamentais da literatura universal, contribuíndo deste xeito á normalización da nosa lingua e sistema literario. E, finalmente, outro dos trazos que definiron a biografía editorial de Laiovento foi a publicación de textos teatrais, dando espazos de publicación á literatura dramática galega.

En definitiva, Laiovento configúrase como un proxecto nacional, tendo como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional de Galiza.

FUNDADA o 17-10-1990

Títulos editados:

519 (24/9/2021)

Linguas en que publica:

Galego, Portugués e Español

Liñas editoriais:

Literatura, Humanidades e Ciencias Sociais,Libros científicos e técnicos, Libros de bolso

Coleccións:

Xeral, Vento do Sul, Breviarios, Fóra de serie, Endovelia, Cadernos, Escena aberta e Vento Alto.

DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda